Osteopatía infantil
A osteopatía infantil é unha especialidade que se centra no tratamento de bebés e nenos mediante técnicas manuais suaves.
Estas técnicas axudan a mellorar a saúde xeral e a paliar diversas condicións que poden afectar aos nenos, promovendo un desenvolvemento saudable e equilibrado.
Algúns dos servizos que ofrecemos son:
-
TRATAMENTO DO CÓLICO DO LACTANTE
Utilizamos técnicas suaves e específicas para aliviar o cólico infantil, reducindo as molestias e os episodios de choro. Estas técnicas axudan a mellorar a función dixestiva e a calmar o sistema nervioso do bebé. -
REFLUXO GASTROESOFÁGICO
Tratamos o refluxo gastroesofáxico nos bebés mediante manipulacións osteopáticas que facilitan a función do sistema dixestivo, reducindo os síntomas e mellorando a comodidade do bebé durante e despois das comidas. -
TRATAMENTO DO FRENILLO
Ofrecemos tratamento para o frenillo corto en bebés, coñecido como anquiloglosia, que pode afectar á lactación materna. As nosas técnicas osteopáticas axudan a mellorar o movemento da lingua e facilitan unha mellor alimentación. -
DISFUNCIÓNS OSTEOPÁTICAS INFANTILES
Abordamos diversas disfuncións osteopáticas en nenos, como problemas posturais, dificultades no desenvolvemento motor e outras alteracións funcionais. As técnicas suaves e precisas promoven un desenvolvemento óptimo e evitan problemas futuros. -
OBSTRUCIÓN DO CONDUTO LACRÁMICO
Tratamos a obstrución dos conductos lacrimais nos bebés, utilizando técnicas osteopáticas para mellorar a drenaxe lacrimal e reducir a incidencia de infeccións oculares. Este tratamento axuda a manter os ollos do bebé sans e sen irritacións.
Ven a vernos e comeza a experimentar unha mellora inmediata!
Descubre como os nosos tratamentos especializados poden aumentar o teu benestar dende o primeiro momento.
